Wikia Harry Potter
Advertisement

Os seguintes eventos ocorreron durante o ano 1997:

Acontecementos[]

  • 1 de marzo - Ron Weasley toma accidentalmente unha poción de amor dirixida a Harry Potter de parte de Romilda Vane. Despois de curarlle Horace Slughorn, toma unha bebida envelenada por Draco Malfoy dirixida nun principio para Albus Dumbledore, pero Harry sálvao dándolle a tomar un bezoar.
  • 20 de abril - Falece a acromántula Aragog. Rubeus Hagrid saca o seu corpo da Fraga Prohibida para evitar que as outras acromántulas o coman.
  • 21 de abril:
    • Os alumnos de sexto ano de Hogwarts teñen unha clase de Aparición.
    • Harry Potter e Horace Slughorn asisten ao funeral de Aragog xunto con Rubeus Hagrid.
    • Harry toma un pouco de Felix Felicis e consegue a memoria do profesor Slughorn, na que está discutindo con Tom Riddle sobre Horrocruxes.
  • 22 de abril - Harry Potter e Albus Dumbledore ven a memoria conseguida de Horace Slughorn e descobren a verdade sobre os múltiples Horrocruxes de Lord Voldemort.
  • Maio - Harry Potter e Ginny Weasley comezan a saír xuntos.
  • Xuño:
  • Xuño ou Xullo - Nymphadora Tonks e Remus Lupin casan.
  • 27 de xullo - Ten lugar a batalla dos Sete Potters e Voldemort intenta acabar coa vida de Harry Potter; Alastor Moody é asasinado durante a batalla, ao igual que o moucho de Harry, Hedwig.
  • 31 de xullo - Harry cumpre dezasete años e fan unha festa de aniversario no seu honor no Tobo. O Ministro de Maxia Rufus Scrimgeour interrompe a celebración para falar sobre o testamento de Albus Dumbledore con Harry, Ron e Hermione.
  • 1 de agosto:
  • 2 de setembro - Harry Potter, Hermione Granger e Ron Weasley infiltranse no Ministerio de Maxia para roubar o Medallón de Salazar Slytherin de Dolores Umbridge, liberando a varios nacidos de Muggles perseguidos no proceso.
  • Outubro ou Novembro - Despois dunha discusión con Harry, Ron abandona a Harry e Hermione e vaise a Shell Cottage. Neville Longbottom, Luna Lovegood e Ginny Weasley intentan roubar a Espada de Godric Gryffindor.
  • 24 de decembro - Harry e Hermione son atacados en Godric's Hollow por Nagini e por pouco conseguen escaparse de Lord Voldemort.
  • 28 de decembro - Ron regresa cos seus amigos e destrúe o medallón de Salazar Slytherin coa Espada de Godric Gryffindor.
  • 30 de decembro - Hai un intento de emboscada a Harry Potter, Hermione Granger e Ron Weasley na casa de Xenophilius Lovegood.

Falecidos[]

  • Alastor Moody
  • Albus Dumbledore
  • Aragog
  • Bathilda Bagshot
  • Cassandra Vablatsky
  • Charity Burbage
  • Gibbon
  • Gregorovitch
  • Hedwig
  • Rufus Scrimgeour

Eventos Muggle[]

Século XX : Anos 1990
1990 - 1991 - 1992 - 1993 - 1994 - 1995 - 1996 - 1997 - 1998 - 1999

Categoría:Anos

Advertisement