FANDOM


Arthur Weasley

Arthur Weasley (nado o 6 de febreiro 1950 [1]) é un meigo de vello ao servicio do Ministerio de Maxia, así como un membro da Orde do Fénix reconstruída en 1995. El era un firme crente na igualdade de tódalas persoas máxicas e muggles e o patriarca da Familia Weasley. Arthur naceu de Septimus e Cedrella Weasley (de solteira Black) e tivo ao menos dous irmáns. Asistiu á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería desde 1961 a 1968 e foi ordenado na Casa Gryffindor. Pouco despois de graduarse, Arthur casou con Molly Prewett. Durante a Primeira Guerra Máxica, el e Molly tiveron seis fillos - Bill, Charlie, Percy, os xemelgos Fred e George, e Ron - e unha filla, Ginny e non era un membro da Orde do Fénix, pero descoñecese se dalgunha maneira participou na primeira guerra. Nalgún momento despois de graduarse de Hogwarts, Arthur comezou a traballar para o Ministerio, na Oficina Contra o Uso Incorrecto dos Artefactos Muggles. En 1996, foi ascendido a xefe da Oficina para a Detección e Confiscación dos Feitizos e Obxectos Defensivos Falsos polo novo Ministro de Maxia, Rufus Scrimgeour. Cando a Segunda Guerra Máxica comezou, Arthur uniuse á Orde. Mentres facía garda no Departamento de Misterios, foi atacado por Nagini, a serpe de Lord Voldemort, pero el tivo unha recuperación completa. Arthur participou na Batalla sobre Little Whinging en 1997 e a Batalla de Hogwarts en 1998, no que perdeu a un dos seus fillos, sen embargo, sobreviviu á guerra. Despois da guerra, viu á súa familia ampliarse aínda máis cos matrimonios de moitos dos seus fillos superviventes.

NotasEditar

  1. Sitio Web Oficial de J.K. Rowling