FANDOM


BellatrixLestrange.png

Bellatrix Lestrange (de solteira Black) (1951 - 2 de maio de 1998), tamén coñecida como Bella, foi unha meiga de vella, filla de Cygnus e Druella Black e irmá maior de Andrómeda e Narcissa. Asistiu á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería en 1962 e foi sorteada na casa de Slytherin. Despois de Hogwarts, volveuse unha Devoradora da Morte fanaticamente leal a Lord Voldemort. Era unha das poucas mulleres no grupo, ao igual que unha dos máis perigosos e sádicos seguidores de Voldemort. Se ben Bellatrix e Narcissa casaron con meigos de vello, Andrómeda casou cun nado de muggle, o cal deshonrou á familia. Para a culminación da Primeira Guerra Máxica, Bellatrix e o seu marido, Rodolphus Lestrange, torturaron aos Aurores Alice e Frank Longbottom ao punto de causarlles loucura permanente, xunto aos seus camaradas devoradores da morte Rabastan Lestrange e Barty Crouch Jr. Eles tamén intentaron buscar a Voldemort trala súa caída.

Bellatrix foi sentenciada a prisión de por vida en Azkabán polo crime, pero escapou na fuga en masa de 1996, xunto con outros nove Devoradores da Morte. Participou en moitas batallas da Segunda Guerra Máxica, dándose a oportunidade de asasinar a calquera dos seus parentes membros da Orde do Fénix, incluíndo ao seu primo Sirius Black e á súa sobriña Nymphadora Tonks. Tamén matou ao trasno doméstico Dobby, e foi a última devoradora da morte remanente da Segunda Guerra, durante a última batalla. Molly Weasley acabou coa vida de Bellatrix, a súa violencia e malicia durante a Batalla de Hogwarts.

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou