FANDOM


Hogwartscrest.png

A Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería‏ é un internado máxico localizado en Escocia[1]. O castelo localizase nunhas montañas próximas a un lago. A localización exacta non foi descuberta xa que está escondida polos máis poderosos encantamentos posibles. Sen embargo, dacordo con Hermione Granger, non está moi lonxe de Dufftown. Os encantamentos que protexen ó castelo son clasificados como encantamentos anti-Aparición e encantos repelentes de Muggles, que fan que eles vexan unhas ruínas antigas cun letreiro que di "Perigo, prohibido o paso" en lugar do castelo. Estes encantamentos poden ser levantados polo Director. A maioría dos dispositivos electrónicos non funcionan nos terreos de Hogwarts. [2] Nun momento dado, Hogwarts chegou a ter 1000 estudantes. [3]

O lema de Hogwarts é: "Draco dormiens nunquam titillandus" . A tradución é: Nunca lle fagas cóxegas a un dragón durmido.

O Quidditch é o deporte máis popular na escola, a maioría dos estudantes van a velos partidos. Hogwarts tamén ten un coro que canta en ocasións especiais. Tamén ten un himno moi singular.


NotasEditar

  1. "Hogwarts é a mellor escola de Maxia e Feiticería‏ no mundo é está dirixida polo mellor director que tivo: Albus Dumbledore. Loxicamente tiña que estar situada nun lugar afastado e moi pronto decidinme por Escocia". Entrevista con JK Rowling, Mammoth, Londres, 2000.
  2. Colin Creevey tiña unha cámara con funcionamento muggle durante a súa estadía en Hogwarts, sen embargo nunca se especificou se era manual ou eléctrica. A cámara utilizada por el na versión cinematográfica de Harry Potter e a Cámara dos Segredos, sen embargo, era unha cámara non-eléctrica.
  3. http://eldiccionario.org/miscelanea/t.alumnoshogwarts.htm

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou