Fandom

Wikia Harry Potter

Exército de Dumbledore

40páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Comentarios0 Compartilhar
Dumbledore's Army.jpg

O Exército de Dumbledore, (Dumbledore's army en inglés) abreviado normalmente E.D., era unha organización secreta creada a partir da iniciativa de Hermione Granger e Ron Weasley para desa forma aprender de forma apropiada Defensa contra a Maxia Negra en Hogwarts grazas aos coñecementos de Harry Potter e pronunciarse contra o réxime da Suma Inquisidora de Hogwarts, Dolores Umbridge en 1995. A sociedade foi creada para opoñerse á suma inquisidora Dolores Umbridge debido á negativa desta de ensinar Defensa contra a Maxia Negra máis do que se explica no libro de texto durante o Ano escolar 1995-1996. O grupo foi disolto durante o ano escolar 1996-1997 tralo nomeamento de Severus Snape como profesor de Defensa contra a Maxia Negra, aínda que varios membros participaron na Batalla da Torre de Astronomía ao final do ano. Foi reactivado por Neville Longbottom, Ginny Weasley e Luna Lovegood durante o ano escolar 1997-1998 despois de que Hogwarts caese baixo o control de Lord Voldemort, para opoñerse aos profesores e á vez mortífagos Alecto e Amycus Carrow, que difundiron propaganda contra os muggles e fillos de muggles e que ademais ensinaban a Maxia Negra. O Exército de Dumbledore desempeñou un papel vital durante a Segunda Guerra Máxica, participando varios membros deste na Batalla do Departamento de Misterios, a Batalla da Torre de Astronomía, e a Batalla de Hogwarts.

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou