Fandom

Wikia Harry Potter

Familia Potter

40páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Comentarios0 Compartilhar
Potter family.png
Familia Potter
Herdanza familiar
Estatus de sangue
Membros familiares notables
Estatus

Existente

Relacións
Familias emparentadas
Afiliación
Casa(s)
Lealdade

Potter é o apelido dunha antiga e recoñecida familia de magos. Todos foron de sangue pura ata que James Potter casou cunha meiga de procedencia muggle Lilly Evans, polo que o seu fillo Harry e os seus tres fillos foron mestizos. Os "meigos de vello" os consideran traidores á sangue.

Tradicionalmente foron sorteados na casa de Gryffindor na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, e son moi ricos, cunha cámara acorazada en Gringotts que contén unha gran cantidade de ouro.

Durante a Primeira e a Segunda Guerra Máxica, os Potter apoiaron á Orde do Fénix e opuxeronse a Lord Voldemort e os seus devoradores da morte. James e Lily Potter foron membros activos da Orde e desafiaron a Voldemort en tres ocasións, e o seu fillo pasou a ser o líder do Exército de Dumbledore, e derrota a Voldemort dunha vez por todas.

HistoriaEditar

Historia familiar tempranaEditar

A familia de magos Potter descende do mago do século XII Linfred de Stinchcombe, un home localmente moi amado e excéntrico, cuxo alcume, "The Potterer", corrompeuse có tempo en "Potter". Linfred era un tipo lacazán e distraído cuxos veciños muggles a miúdo chamabano polos seus servizos mediciñais. Ningún deles deuse conta de que as marabillosas curas de Linfred para a varíola e febre eran máxicas; todos crían que era un vello inofensivo e amable, que se entretía arredor do seu xardín con todas as súas divertidas plantas. A súa reputación como un excéntrico ben intencionado serviu ben a Linfred , porque a porta pechada foi capaz de continuar a serie de experimentos que sentaron as bases da fortuna da familia Potter. Os historiadores acreditan a Linfred como o creador dunha serie de remedios que evolucionaron en pocións sendo utilizados ata o día de hoxe, incluíndo a poción Crece-osos e a Poción pimentónica. As sús vendas de tales curas a compañeiros magos e meigas permitironlle deixar unha cantidade considerable de ouro para cada un dos seus sete fillos á súa morte.

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou