thumb A familia Weasley é unha familia diferente a outras de sangue pura. Son odiados e desprezados por outras familias, como os Malfoy, por ser traidores á pureza da sangue. A pesar de ser pobres, moitos deles destacaron, como:
- Bill Weasley: Foi prefecto e Premio Anual en Hogwarts, traballou en Gringotts axudando a quitar maldicións ás pirámides de Exipto, foi parte da Orde do Fénix, participou na segunda guerra, casou con Fleur Delacour e tivo 3 fillos (Victoire, Domique e Louis Weasley).
- Charlie Weasley: Foi prefecto e capitán en quidditch do equipo de Gryffindor en Hogwarts, traballou coidando dragóns en Rumania, foi parte da Orde do Fénix, participou na segunda guerra.
- Percy Weasley: Foi prefecto e Premio Anual en Hogwarts, traballou no Ministerio de Maxia como asistente persoal de Bartemius Crouch Sr. e de asistente subalterno para Cornelius Fudge, participou na segunda guerra, casou cunha rapaza chamada Audrey e tivo dous fillas (Molly e Lucy Weasley ). Posteriormente, alcanzou un importante posto de oficial de alto rango no goberno de Kingsley Shacklebolt
- Fred Weasley: Foi mallador do equipo de quidditch de Gryffindor en Hogwarts, dono das "Trécolas Triquetráquicas dos Turuleques" xunto ao seu irmán, participou na segunda guerra onde morreu ( 2 de maio de 1998).
- George Weasley: Foi mallador do equipo de quidditch de Gryffindor en Hogwarts, dono das "Trécolas Triquetráquicas dos Turuleques" xunto ao seu irmán, participou na segunda guerra, casou con Angelina Johnson e tivo dous fillos (Fred II e Roxanne Weasley)
- Ron Weasley: Foi prefecto en Hogwarts, tivo o posto de gardián no equipo de quidditch de Gryffindor en Hogwarts. Foi parte do Exército de Dumbledore, participou na segunda guerra. É auror. Casou con Hermione Granger e tivo dous fillos (Rose e Hugo Weasley).
- Ginny Weasley: Tivo o posto de cazadora e buscadora no equipo de quidditch de Gryffindor en Hogwarts. Foi parte do Exército de Dumbledore, participou na segunda guerra, foi xogadora para as Harpías de Holyhead e posteriormente reporteira de quidditch para o diario O Profeta. Casou con Harry Potter e tiveron tres fillos (James, Albus e Lily Potter)
Viven nunha casa enorme chamada O Tobo. Os Weasley diferencianse por ter pecas, ollos azuis e ser rubios. Son mal vistos na comunidade máxica elitista, porque son traidores á pureza da Sangue.
Tercera Xeración[]
- Victoire: Filla maior de Bill e Fleur. Herdou o cabelo e dotes de veela da súa nai. É noiva de Teddy Lupin.
- Dominique: Filla mediana de Bill e Fleur.
- Louis: Fillo menor de Bill e Fleur.
- Molly: Filla maior de Percy e Audrey. O seu nome é en honor á súa avoa, Molly Weasley.
- Lucy: Filla menor de Percy e Audrey.
- Fred: Fillo maior de George e Angelina. O seu nome é en honor ao irmán xemelgo do seu pai, Fred Weasley.
- Roxanne: Filla menor de George e Angelina.
- Rose: Filla maior de Ron e Hermione. Segundo din ten a intelixencia da súa nai.
- Hugo: Fillo menor de Ron e Hermione.
- James Sirius: Fillo maior de Harry e Ginny. Parecese a James Potter, o seu avó. O seu nome é en honor a el e ao padriño do seu pai, Sirius Black.
- Albus Severus: Fillo mediano de Harry e Ginny. Ten os ollos da súa avoa Lily e ten un gran parecido ao seu pai. O seu nome é en honor a Albus Dumbledore e Severus Snape.
- Lily Luna: Filla menor de Harry e Ginny. O seu primeiro nome é en honor a Lily Potter. O seu segundo nome é en honor a Remus Lupin porque o seu apodo era Lunático de alí ven o nome Luna e á amiga de Harry, Luna Lovegood.
Árbore xenealóxica[]
Árbore xenealóxica Black | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Septimus Weasley | Cedrella Black | Familia Prewett | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Unnamed: dous fillos | Arthur Weasley | Molly Prewett | Árbore xenealóxica Potter | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
William Weasley | Fleur Delacour | Charles Weasley | Percy Weasley | Audrey | Fred Weasley † | George Weasley | Angelina Johnson | Ronald Weasley | Hermione Granger | Ginevra Weasley | Harry Potter | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Victoire Weasley | Dominique Weasley | Louis Weasley | Molly Weasley | Lucy Weasley | Fred Weasley | Roxanne Weasley | Rose Weasley | Hugo Weasley | James Potter | Albus Potter | Lily Potter | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Categoría:Familia Weasley Categoría:Familias de magos Categoría:Familias de sangue pura Categoría:Familias