FANDOM


Gryffindor é unha das catro casas da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, fundada por Godric Gryffindor. O seu animal emblemático é o león e as súas cores son o vermello escarlata e o dourado. Minerva McGonagall é a máis recente xefa da casa. Sir Nicholas de Mimsy-Porpington tamén coñecido como "Nick Case Decapitado" é a pantasma da casa. As principais características dos Gryffindor son a coraxe e a cabaleirosidade.

O elemento de Gryffindor é o lume, xa que asociase ao valor e á coraxe desta casa. Ademais, o lume simboliza o honor en variadas ocasións, o cal tamén pode aplicarse para Gryffindor.