Fandom

Wikia Harry Potter

Harry Potter

40páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Comentarios0 Compartilhar

Harry James Potter (n. o 31 de xullo do 1980), é un mago de sangue mestiza, ademáis de ser o único fillo de James Potter e Lily Potter. É a única persoa coñecida que sobreviviu á maldición de Avada Kedavra, a cal foi conxurada por Lord Voldemort nun intento de matar a Harry durante a súa etapa de bebé, pero ao sobrevivir, conleva á primeira derrota de Voldemort e o final da Primeira Guerra Máxica. Unha vez órfo, Harry é acollido polos seus parentes muggles, os Dursley.

Á idade de once anos, Harry descobre que é un mago. Comezou a asistir a Hogwarts e foi seleccionado na Casa de Gryffindor. Convertiuse no mellor amigo de Ron Weasley e Hermione Granger e no xogador de Quidditch máis xove en máis dun século. Fixose aínda máis coñecido nos seus primeiros anos tras protexer a pedra filosofal de Voldemort e salvar a Ginny Weasley da Cámara dos Segredos. No seu cuarto ano, Harry gañou o Torneo dos Tres Magos, aínda que a competencia terminou en traxedia coa morte de Cedric Diggory e o regreso de Lord Voldemort. No seguinte ano escolar, Harry fundou o Exército de Dumbledore e luchou na Batalla do Departamento de Misterios, durante o cal perdeu ao seu padriño, que era como un pai para el.

Harry xogou un papel importante en moitas outras batallas da Segunda Guerra Máxica. Durante a Batalla de Hogwarts, encontrouse con Voldemort e se sacrificou a sí mesmo, sabendo que esa era a única maneira de destruir o anaco de alma de Voldemort que estaba dentro del. Sen embargo, non morreu, se non que se batiu en duelo contra Voldemort por última vez, e derrotouno.

Despois da guerra, Harry se convertiu en auror e casou con Ginny Weasley, con quen tivo tres fillos: James Sirius, Albus Severus e Lily Luna. Harry tamén foi nomeado o padriño de Teddy Lupin. Harry é tamén notable por ser o único coñecido Mestre da Morte, despois de unir as tres Reliquias da morte. Paradóxicamente é parente de Lord Voldemort, ao ser este descendente de Cadmus Peverell e Harry descendente de Ignotus Peverell. Segundo un epílogo alternativo que filtraron escrito por J.K. Rowling, Harry tiña 150 anos e era director de Hogwarts e tiña un tataraneto chamado Tom, como Tom Ryddle (Podería ser que se chamara Tom Potter).

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 [[1]]

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou