FANDOM


Hermione Jean Weasley, (de solteira Granger) nada o 19 de setembro de 1979, é filla de Muggles. O Sr. e Sra. Granger son dentistas no mundo muggle. Aos once anos descubriu o seu don máxico e foi aceptada na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Hermione empezou os seus estudos máxicos o 1 de setembro do 1991[6], pouco antes de cumplir doce anos y foi seleccionada para a Casa de Gryffindor. Posúe unha mente académica brillante, e demostrou ser unha estudante superdotada.

Hermione coñeceu a Harry Potter e a Ron Weasley no Expreso de Hogwarts[6]. Os dous rapaces encontraron a Hermione unha rapaza hostil e sabichona. Despois de ver o afán cos profesores e as súas constantes respostas correctas reforzan a súa primeira impresión. Sen embargo, a pesares da fría relación entre os tres, Hermione deu un paso asumindo a responsabilidade despois de que a salvaran dun troll en Halloween.[6] Harry e Ron sorprenderonse pero o agradeceron, e os tres rápidamente convertíronse en amigos. No segundo ano, Hermione é vítima do basilisco que estaba solto en Hogwarts cando a Cámara dos Segredos foi aberta, pero recuperouse da petrificación gracias ao cuidado de Madam Pomfrey e as mandrágoras maduras da profesora Sprout[2]. Ao ano seguinte, Hermione tivo o permiso de usar un viratempo concedido polo Ministerio de Maxia para facilitarlle estudiar máis clases das que son posibles viaxando no tempo. Máis tarde, ela e Harry usaron o Viratempo para rescatar a Sirius Black do Bico do Dementor, e tamén salvaron a Buckbeak o hipogrifo da execución[5]. Durante o cuarto ano en Hogwarts, convertiuse nunha defensora dos Trasnos Domésticos, formando a asociación B.O.S.T.A.[3] No seu quinto ano, estivo detrás da creación do Exército de Dumbledore. Nos anos seguintes participou na Batalla do Departamento de Misterios[4], a Batalla da Torre de Astronomía e a Batalla dos Sete Potters en 1997. Hermione, ao igual que Ron - có que estaba envolta nunha relación sentimental - deciden non volver a Hogwarts no seu último curso de estudos, acompaña a Harry axudándoo a destruir os Horrocruxes de Lord Voldemort. Loitou e sobreviviu á Batalla de Hogwarts do 2 de maio do 1998.[1]

Despois da Segunda Guerra Máxica, Hermione volveu a Hogwarts para terminar a súa educación. Despois traballou no Ministerio de Maxia, no Departamento de Regulación e Control de Criaturas Máxicas, loitando para que trataran mellor aos trasnos domésticos, e despois no Departamento de Aplicación da Lei Máxica. Casou con Ron Weasley e xuntos tiveron dous fillos: Rose e Hugo Weasley[1]. Hermione convirtiuse na madriña do fillo maior de Harry e Ginny, James Sirius Potter.

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Harry Potter e as Reliquias da Morte
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Harry Potter e a Cámara dos Segredos
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Harry Potter e o cáliz de fogo
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Harry Potter e a Orde do Fénix
  5. 5,0 5,1 5,2 Harry Potter e o preso de Azkaban
  6. 6,0 6,1 6,2 Harry Potter e a pedra filosofal

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou