Wikia Harry Potter
Advertisement
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Persoal Ministerio de Maxia

Hermione Jean Weasley, (de solteira Granger) nada o 19 de setembro de 1979, é filla de Muggles. O Sr. e Sra. Granger son dentistas no mundo muggle. Aos once anos descubriu o seu don máxico e foi aceptada na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Hermione empezou os seus estudos máxicos o 1 de setembro do 1991[1], pouco antes de cumplir doce anos y foi seleccionada para a Casa de Gryffindor. Posúe unha mente académica brillante, e demostrou ser unha estudante superdotada.

Hermione coñeceu a Harry Potter e a Ron Weasley no Expreso de Hogwarts[1]. Os dous rapaces encontraron a Hermione unha rapaza hostil e sabichona. Despois de ver o afán cos profesores e as súas constantes respostas correctas reforzan a súa primeira impresión. Sen embargo, a pesares da fría relación entre os tres, Hermione deu un paso asumindo a responsabilidade despois de que a salvaran dun troll en Halloween.[1] Harry e Ron sorprenderonse pero o agradeceron, e os tres rápidamente convertíronse en amigos. No segundo ano, Hermione é vítima do basilisco que estaba solto en Hogwarts cando a Cámara dos Segredos foi aberta, pero recuperouse da petrificación gracias ao cuidado de Madam Pomfrey e as mandrágoras maduras da profesora Sprout[2]. Ao ano seguinte, Hermione tivo o permiso de usar un viratempo concedido polo Ministerio de Maxia para facilitarlle estudiar máis clases das que son posibles viaxando no tempo. Máis tarde, ela e Harry usaron o Viratempo para rescatar a Sirius Black do Bico do Dementor, e tamén salvaron a Buckbeak o hipogrifo da execución[3]. Durante o cuarto ano en Hogwarts, convertiuse nunha defensora dos Trasnos Domésticos, formando a asociación B.O.S.T.A.[4] No seu quinto ano, estivo detrás da creación do Exército de Dumbledore. Nos anos seguintes participou na Batalla do Departamento de Misterios[5], a Batalla da Torre de Astronomía e a Batalla dos Sete Potters en 1997. Hermione, ao igual que Ron - có que estaba envolta nunha relación sentimental - deciden non volver a Hogwarts no seu último curso de estudos, acompaña a Harry axudándoo a destruir os Horrocruxes de Lord Voldemort. Loitou e sobreviviu á Batalla de Hogwarts do 2 de maio do 1998.[6]

Despois da Segunda Guerra Máxica, Hermione volveu a Hogwarts para terminar a súa educación. Despois traballou no Ministerio de Maxia, no Departamento de Regulación e Control de Criaturas Máxicas, loitando para que trataran mellor aos trasnos domésticos, e despois no Departamento de Aplicación da Lei Máxica. Casou con Ron Weasley e xuntos tiveron dous fillos: Rose e Hugo Weasley[6]. Hermione convirtiuse na madriña do fillo maior de Harry e Ginny, James Sirius Potter.

Notas

  1. 1.0 1.1 1.2 Harry Potter e a pedra filosofal
  2. Harry Potter e a cámara dos segredos
  3. Harry Potter e o preso de Azkaban
  4. Harry Potter e o cáliz de fogo
  5. Harry Potter e a Orde do Fénix
  6. 6.0 6.1 Harry Potter e as reliquias da morte

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Activistas Categoría:Feminino Categoría:Fanáticos de Gilderoy Lockhart Categoría:Familia Granger Categoría:Gryffindors Categoría:Prefectos de Hogwarts Categoría:Estudantes de Hogwarts Categoría:Nados de muggles Categoría:Familia Weasley Categoría:Magos Categoría:Individuos británicos Categoría:Empregados do Ministerio de Maxia Categoría:Fillos únicos Categoría:Seleccionados en 1991 Categoría:Segunda Orde do Fénix Categoría:Exército de Dumbledore Categoría:Casados Categoría:Superviventes da Batalla de Hogwarts Categoría:Aliados de Harry Potter Categoría:Inimigos de Dolores Umbridge

Advertisement