FANDOM


Percy Weasley

Percival "Percy" Ignatius Weasley, naceu o 22 de agosto de 1976, sendo o terceiro fillo de Arthur e Molly Weasley, menor que Bill e Charlie e maior que Fred, George, Ron e Ginny Weasley. Asistiu a Hogwarts e foi prefecto. Máis tarde traballou no Ministerio de Maxia feito que fixo que se distanciara durante un tempo da súa familia.

O seu irmán menor, Ron, era bon amigo de Harry Potter e de Hermione Granger, cos que mantén unha boa relación, en especial con Hermione debido aos seus intereses polo estudo e o aprendizaxe.