FANDOM


PrefectBadgePottermore

Un prefecto na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería é un estudante a quen se lle deu autoridade e responsabilidades extra polo Xefe de Casa e o Director. Un estudante home e outra muller son elixidos de cada casa no seu quinto ano para actuar como prefectos, e continuarán sendo prefectos no seu sexto e sétimo año ata que se gradúen. Así, hai aproximadamente seis prefectos por casa, e vinte e catro prefectos na escola enteira ao mesmo tempo. O Delegado podería ser escollido de entre os prefectos de sétimo ano ou podería non ser escollido para nada xa que depende das actuacións que tiveran os individuos como prefectos. Non obstante, como con James Potter, o Delegado non ten por que ser prefecto.