Fandom

Wikia Harry Potter

Quidditch

42páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Comentarios0 Compartilhar

O Quidditch é o deporte máis popular na comunidade máxica . É unha especie de fútbol-baloncesto aéreo que se xoga voando sobre vasoiras.

003-0.jpg

Entre as vasoiras as hai de moi diversa calidade, desde a Varrex 5 ,pasando pola Nimbus 2000 e Nimbus 2001, ata chegar á Frecha de Fogo, vasoira practicamente exclusiva para profesionais e da que Harry Potter ten un modelo que lle regalou o seu padriño Sirius Black.

Elementos do xogoEditar

Xogase nun estadio en forma oval (150 metros de semieixe maior e 55 de semieixe menor), cada un dos lados está dotado de tres aros situados a un distinto nivel de altura. Para o xogo se utilizan tres tipos de bolas distintas: Larpadela, Fungueira e Pispa Dourada. A bola máis importante durante o encontro, é a larpadela, que se utiliza para marcar tantos pasándoa a través dos aros do equipo
Snitch.jpg

Snitch

contrario, ao pasalos polos aros gáñanse 10 puntos, con ela xogan os Cazadores. As fungueiras son bolas que atacan aos equipos son pequenas pero pesadas e voan con forza e son receptadas polos malladores, que utilizan bates pequenos para evitar que golpeen a algún do seu equipo. E a pispa dourada é unha pequena bola dourada e alada moi rápida e difícil de atrapar, a cal debe ser atrapada polos Buscadores, ao atrapala gáñanse 150 puntos e o partido se termina.

O xogo enfronta a dous equipos de sete xogadores cada un. Existen distintos traballos entre os xogadores: un Gardián, dous Malladores, tres Cazadores e un Buscador.

O Gardián é unha especie de porteiro que se encarga de evitar que o equipo contrario introduza a larpadela nos aros
Bludger ferro.jpg

Fungueira

do seu respectivo equipo. Os Malladores son os encargados de repeler as Fungueiras, e no seu caso dirixilas ata o equipo contrario. Os Cazadores son os encargados de procurar introducir a Larpadela a través dos aros contrarios. Por último, o Buscador é o encargado de estar atento durante todo o xogo para poder atrapar a Pispa Dourada antes que o equipo contrario. Ao atrapar a Pispa Dorada o xogo finaliza, e o equipo que a atrapa gaña 150 puntos.gl:Quidditch

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou