FANDOM


Severus Snape.jpg

O Profesor Severus Snape (n. 9 de xaneiro de 1960 - f. 2 de mayo de 1998) foi Mestre de Apócemas (1981-1996), profesor de Defensa Contra a Maxia Negra (1996-1997) e director (1997-1998) de Hogwarts, á que asistiu como estudante dende 1971 ata 1978. Snape desempeñou un papel esencial nas dúas guerras contra Lord Voldemort.

Severus Snape era un meigo de sangue mestiza, fillo da meiga Eileen Prince, e do muggle Tobías Snape. Foi criado nunha vivenda muggle da rúa de Spinner's End que estaba moi cerca da casa da familia Evans. Coñeceu a Lily e Petunia Evans cando tiña nove anos, e namorouse de Lily, converténdose no mellor amigo dela. En 1971 comezou o seu primeiro ano en Hogwarts, onde foi seleccionado para Slytherin. Severus converteuse no inimigo inmediato de James Potter e Sirius Black e foi unha vítima frecuente das súas bromas.

Snape foi desenvolvendo unha paixón á Maxia Negra a unha idade temperá, e preferiu á supremacía dos meigos de vello na Casa Slytherin, a pesar do seu amor por Lily Evans, que era nacida de muggles. Isto puxo en risco a súa amizade con Lily. Nalgún momento da etapa escolar pelexouse con Lily e terminaron coa súa amizade. Despois de saír da escola uniuse aos devoradores da morte, xunto con varios dos seus compañeiros de Slytherin.

Durante a súa etapa de devorador da morte foi el quen escoitou furtivamente a profecía que falaba sobre Lord Voldemort e un neno nato a finais de xullo, fillo dos que desafiaran ao señor escuro en tres ocasións e saíran con vida. Só puido escoitar a metade da profecía xa que foi descuberto e o botaron do lugar así que non puido advertir ao seu amo do perigoso que podería ser atacar a ese neno. Arrepentiuse de facer isto cando decatouse de que Voldemort empezara a perseguir aos Potter, e pediulle que cando os atacara non matara a Lily. Tamén pediulle a Dumbledore que os protexera a todos, e converteuse no seu espía. Cando Voldemort perde o seu corpo e todos os seus poderes no seu falido intento de matar a Harry Potter, Snape, sufrindo pola morte da súa amada, axuda a Dumbledore a coidar de Harry. Con enorme dificultade, Snape foi capaz de evitar que Lord Voldemort pescudara a verdade acerca da súa lealdade. A pesar das opinións da maioría dos demais, Albus Dumbledore sempre confiou en Snape por razóns que se mantiveron entre os dous ata as súas mortes. Despois da súa morte, revelase que o seu profundo amor por Lily Evans o levou a arrepentirse, uníndose á causa de Dumbledore. A relación entre Dumbledore e Snape sería unha na que se forma unha forte lealdade, ata o punto de que Snape mata a Dumbledore porque este último pídellelo. Antes da morte de Dumbledore, Snape comprometeuse a protexer aos estudantes de Hogwarts dos devoradores da morte, que inevitablemente ían a tomar o control do Ministerio de Maxia, así como da escola. Snape máis tarde participou na Batalla de Hogwarts, pero foi asasinado por Nagini, a serpe Horrocrux de Lord Voldemort quen ordenóullelo porque por equivocación cría que Snape era o amo da Variña de Bieiteiro, unha variña poderosa que Voldemort quería. Despois da súa morte, Harry Potter asegurouse de que o retrato de Severus Snape se colocara no despacho do director de Hogwarts, en honor ao seu heroísmo, a pesar das súas importantes diferencias persoais.ro:Severus Plesneală

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou