Fandom

Wikia Harry Potter

Sirius Black

42páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Comentarios0 Compartilhar
Sirius Black profile.jpg

Sirius Black III (3 de novembro do 1959 - 18 de xuño do 1996), tamén coñecido como Patabranda ou Poutechas, foi un meigo de vello, fillo de Orion e Walburga Black e irmán maior de Regulus. Aínda que era o herdeiro da Familia Black, Sirius estaba en desacordo coas crenzas da súa familia na pureza da sangue desafiando a súa familia ao ser colocado en Gryffindor en lugar de Slytherin na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, ao que asistiu entre 1971 e 1978. Mentras a relación de Sirius cos seus familiares se deterioraba, el creou unha grande amizade con Remus Lupin, Peter Pettigrew e especialmente con James Potter. Os catro amigos, tamén coñecidos como Os Tunantes, uníronse á Orde do Fénix para loitar contra Lord Voldemort e os seus devoradores da morte durante a Primeira Guerra Máxica. Sirius tamén se volveu padriño de Harry Potter, fillo de James Potter e Lily Evans. Sen embargo, Peter Pettigrew traizoou aos Potter con Voldemort e Sirius foi culpado da morte de James e Lily Potter, ao igual que da morte de Peter Pettigrew e doce Muggles durante a súa escape.

Sirius foi enviado a Azkaban por doce anos, eventualmente convertiuse no primeiro caso coñecido de fuga da prisión tomando a forma dun gran can negro debido as súas habilidades como Animago. Sirius demostrou a culpabilidade de Pettigrew ao seu vello amigo Remus e ao seu afillado, Harry Potter. Despois de que Lord Voldemort regresara en 1995, Sirius volveuse a unir á Orde do Fénix. Foi asasinado pola súa prima Bellatrix Lestrange durante a Batalla do Departamento de Misterios. Grazas á Pedra da Resurrección, Sirius aparece ante Harry en compañía de James, Lily e Remus en 1998.

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou