FANDOM


P7 Bill Weasley

William Arthur Weasley, mellor coñecido como Bill, naceu o 29 de novembro de 1970. É o maior dos fillos de Arthur Weasley e Molly Weasley, e o irmán maior de Charlie, Percy, os xemelgos George e Fred, Ron e Ginny Weasley. Estudou en Hogwarts dende setembro de 1982 a xuño de 1988, onde logrou ser Prefecto e Premio Anual. Despois de graduarse foi traballar para Gringotts axudando a quitar as maldicións das pirámides en Exipto. En 1995 volveu a Inglaterra para unirse á Orde do Fénix e facerlle fronte a Lord Voldemort. Durante este período de tempo coñeceu a Fleur Delacour, coa que empeza un romance. Durante a Batalla da Torre de Astronomía, Bill foi gravemente ferido polo Lobishome Fenrir Greyback. Non obstante, non se converteu nun Lobishome pero adoptou algunhas das súas características (por exemplo, comer carne crúa). Casou con Fleur o 1 de agosto de 1997. Esta celebración é interrompida polos Devoradores da Morte. Bill e Fleur mudáronse a Shell Cottage, onde axudaron a Ron, Hermione e a Harry a escapar dos Devoradores da Morte da Mansión Malfoy. Como o resto da Orde do Fénix, loitou na Batalla de Hogwarts e sobreviviu. Trala guerra, Bill e a súa esposa tiveron dúas fillas e un fillo: Victoire, Dominique e Louis Weasley.